Burato negro acretando con chorro

Créditos da ilustración: NASA, Swift, Aurore Simonnet (Sonoma State U.)
Explicación: que acontece cando un burato negro devora unha estrela? Moitos detalles fican descoñecidos, pero as observacións recentes están a fornecer novas pistas. En 2014 rexistrouse unha potente explosión nos telescopios terrestres automáticos do proxecto All Sky Automated Survey for SuperNovae (ASAS-SN ou “Exploración automática de todo o ceo na procura de supernovas”), continuado por instrumentos que incluíron ao satélite Swift da NASA en órbita. O modelado informático destas emisións cadran cunha estrela que está a ser esnaquizada por un burato negro supermasivo afastado. Os resultados de semellante colisión retrátanse na ilustración artística publicada. O propio burato negro represéntase coma un pequeno punto negro no centro. Cando a materia cae cara o burato, colisiona con outra materia e quece. Ao redor do burato negro hai un disco de acreción de materia quente que pertencía á estrela, cun chorro emanando desde o beixo de rotación do burato negro.