A sombra de Ganímedes

Image Credit & Copyright: Damian Peach, Chilescope
Explicación: Xúpiter, que está a achegarse á oposición a primeiros do vindeiro mes, está a ofrecer algunhas das mellores vistas desde o planeta Terra. O 17 de marzo foi tirada esta imaxe impresionantemente definida do xigante gasoso que domina o Sistema Solar desde un afastado observatorio en Chile. Os familiares cintos escuros e as zonas claras, ligados polos ventos que arrodean planeta, abarcan o planeta xigante marcado con tormentas ovais en rotación. Ganímedes, a lúa máis grande do Sistema Solar, está or riba e á esquerda do cadro, coa súa sombra véndose en tránsito ao través dos cumios das nubes xovianas setentrionais. A propia Ganímedes pode ollarse con gran detalle xunto con rasgos brillantes da superficie da lúa compañeira e galileana Ío, á dereita do disco ameazante de Xúpiter.

Rematamos a xira galega das charlas sobre o APOD do último ano en Santiago de Compostela (CSC Fontiñas, sábado 25 de marzo, ás 18:00).