A árbore da aurora

Terra
Créditos da imaxe e copyright: Alyn Wallace Photography
Explicación: si pero, pode facer isto a túa árbore? Fotografouse unha coincidencia visual entre as pólas escuras dunha árbore achegada e a brillante luz dunha aurora afastada. A fermosura da aurora, combinada de xeito que parece mimetizarse cunha árbore próxima, fascinou ao fotógrafo en tal grao que por un intre esqueceu tirar fotografías. Cando viu o ángulo correcto, parecía que esta árbore tiña unha aurora como follas! Por sorte, antes de que a aurora mudase nunha forma diferente, recobrou o sentido e captou a alucinante coincidencia momentánea. As auroras, desencadeadas tipicamente por explosións solares, son provocadas por electróns de alta enerxía que impactan na Eatmosfera da Terra a uns 150 quilómetros de altura. A estraña colaboración Terra-ceo foi albiscada a comezos deste mes en Islandia.

Rematamos a xira galega das charlas sobre o APOD do último ano en Santiago de Compostela (CSC Fontiñas, sábado 25 de marzo, ás 18:00).