Un escuro ceo invernal sobre o Parque Nacional de Monfragüe en España

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.
Créditos da imaxe e copyright: José Luis Quiñones

Explicación: ti tamén podes ollar ceos nocturnos coma este. Iso débese a que o Parque Nacional Monfragüe en España,onde se creou esta imaxe composta, obtivo recentemente protección oficial do seu ceo nocturno dunha potencial e futura contaminación luminosa. As iconas do ceo nocturno que deberían salientar durante o inverno setentrional (e visibles na imaxe publicada) inclúen moitas estrelas brillantes coma Sirius, Betelgeuse e Procyon, cúmulos estelares brillantes coma as Pléiades e, fotograficamente, nebulosas febles coma a a California maila Roseta. Hai 100 anos moita xente estaba máis familiarizada cun ceo nocturno máis escuro cá xente de hoxe, sobre todo pola contaminación luminosa moderna. Outros parques que xa foron protexidos de xeito semellante coma reservas de ceos escuros inclúen ao Parque Nacional do Val da Morte (EUA) e o Parque Nacional Grasslands National Park (Canadá). Zonas coma a cidade de Flagstaff, Arizona e gran parte da Illa Maior de Hawaii tamén teñen os seus ceos nocturnos protexidos.

Rematamos a xira galega das charlas do APOD do último ano en Pontevedra (Casa da Luz, venres 17 marzo ás 20:00) e Santiago de Compostela (CSC Fontiñas, sábado 25 de marzo, ás 18:00).