No corazón de Orión

Créditos da imaxe e copyright: Christoph Kaltseis, CEDIC 2017
Explicación: preto do centro deste definido retrato cósmico, no corazón da nebulosa de Orión, están as catros estrelas masivas e quentes kcoñecidas coma o Trapecio. Reunidas moi apertadas dentro dunha rexión máis ou menos nuns 1,5 anos luz de radio, dominan o corazón do denso cúmulo estelar da nebulosa de Orión. A radiación ultravioleta ionizante que procede das estrelas do Trapecio, sobre todo da estrela máis brillante Theta-1 Orionis C alimenta todo o brillo visible da complexa rexión de formación estelar. Cuns tres millóns de anos de idade, o cúmulo da nebulosa de Orión foi incluso máis compacto nos seus anos mozos e un estudo de dinámica indica que as colisións de estrelas fuxidías a unha idade temperá poida que formaran un burato negro con máis de 100 veces a masa do Sol. A presenza dun burato negro dentro do cúmulo podería explicar as altas velocidades observadas das estrelas do Trapecio. Coa distancia da nebulosa de Orión duns 1.500 anos luz, convertiríase no burato negro máis achegado ao planeta Terra.

Rematamos a xira galega das charlas do APOD do último ano en Pontevedra e Santiago de Compostela.