Po, gas e estrelas na nebulosa de Orión


Image Credit: NASA, ESA, Hubble, HLA; Reprocessing & Copyright: Jesús M.Vargas & Maritxu Poyal
Explanation: a Gran Nebulosa de Orión, unha rexión de nacemento estelar inmensa e achegada, probablemente é a máis famosa de tódalas nebulosas astronómicas. Aquí, os filamentos de gas escuro e o gas brillante arrodean ás estrelas novas e quentes no bordo dunha inmensa nube molecular interestelar a só 1500 anos luz de distancia. Na fonda imaxe publicada amósase en cores asignadas parte do centro da nebulosa tomada polo  Telescopio Espacial Hubble. A Gran Nebulosa de Orión pode atoparse a simple vista no cinto de estrelas, doado de identificar, da popular constelación de Orión. Ademais de albergar un brillante cúmulo aberto de estrelas coñecido coma o Trapecio, a Nebulosa de Orión contén moitas garderías estelares. Estas garderías teñen moito gas hidróxeno, estrelas novas e quentes, próplidos e chorros estelares que cuspen material a velocidades elevadas. Tamén coñecida coma M42, a Nebulosa de Orión abarca uns 40 anos luz e está situada no mesmo brazo espiral da nosa galaxia que o Sol.