Unha eclipse solar cun anel perlado de fogo

 
Créditos da imaxe e copyright: Stephen Bedingfield
Explicación: que clase de eclipse é esta? Visible en zonas do hemisferio sur da Terra, o sábado a Lúa bloqueou parte do Sol durante unha eclipse parcial de sol. Aínda que nalgures o efecto foi o dun estraño tipo de eclipse parcial chamado eclipse anular. Alí, como a Lúa estaba demasiado afastada da Terra para bloquear por completo ao Sol, a luz solar fluía ao redor dos bordos da Lúa creando un “anel de fogo“. Aínda que por veces o efecto foi un estraño tipo de eclipse anular. Daquela, un bordo da Lúa aliñábase case cun bordo do Sol, permitindo á luz solar fluír só por terras baixas da Lúa. Denominado unha “pérola de Baily” ou “anel de diamantes”, este efecto dobremente raro foi captado o domingo na fotografía publicada desde Chubut (Arxentina), en Suramérica. Este verán unha eclipse solar total varrerá toda Norteamérica.