Unha noite activa sobre os telescopios Magallanes



Créditos das imaxes e copyright: Yuri Beletsky (Observatorio Carnegie Las Campanas, TWAN).
Créditos da música e licenza: Airglow de Club 220
Explicación: o ceo nocturno está sempre a mudar. Aquí amósanse os cambios que aconteceron durante un período de seis horas a finais de xuño do 2014 por tras do telescopio dobre Magallanes, de 6,5 metros, no observatorio Las Campanas en Chile. O brillo vermello do comezo sobre o horizonte é a luminescencia, un lixeiro arrefriamento do aire do alto pola emisión de  cores específicas de luz. As franxas de luminescencia tamén poden ollarse no vídeo secuencia. No inicio da noite, as luces dos coches alumean no extremo esquerdo. Os satélites pasan axiña mentres dan voltas á Terra e reflicten a luz solar. Unha nube fina e longa atravesa paseniñamemte polo alto. A Gran Nube de Magallanes érguese pola esquerda, mentres a gran banda central da nosa galaxia Vía Láctea arquéase e pivota mentres a Terra rota. Mentres a noite avanza os telescopios Magallanes viran e fitan para explorar zonas prederminadas do ceo nocturno. Cada noite, todo o ceo cambia de xeito diferenciado, incluso sabendo que os fenómenos en xogo son acotío os mesmos.