Eclipse penumbral erguéndose


Créditos da imaxe e copyright: Bill Jelen
Explicación: tal e como se ollaba desde Cocoa Beach Pier en Florida, planeta Terra, a Lúa saíu tralo solpor do 10 de febreiro mentres esvaraba pola sombra exterior e máis feble da Terra. A eclipe lunar penumbral en progreso foi a primeira eclipse de 2017, seguida nun conxundo dixital de exposicións desde a costa. Por suposto, a sombra penumbral é máis clara que a sombra umbral do planeta. A sombra escura e central é sinxela de ollar no disco lunar durante unha eclipse total ou parcial de Lúa. Aínda así, nesta eclipse penumbral o limbo da Lúa faise xustamente máis escuro de xeito perceptible mentres se ergue sobre o horizonte occidental. Aínda que a segunda eclipse de 2017 podería ser máis emocionante. Con visións desde un camiño que atravesa o hemisferio sur da Terram o 26 de febreiro haberá unha eclipse anular de Sol.

APOD en vivo: charliña sobre as fotos do ano 2016 en Vigo e Pontevedra. En Ourense e na Coruña xa foron.