O cometa 45P pasa preto da Terra

Créditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich
Explicación: unha gran bóla de neve acaba de achegarse pola Terra. Coñecido como cometa 45P/Honda–Mrkos–Pajdušáková”, ou 45P de xeito máis breve, o cometa pasou onte 10 veces máis preto da Terra do que a Terra nunca se achega do Sol. Durante este paso, o cometa foi fotografado amosando unha fina cola iónica e unha feble e ampla coma verde. A cor verde débese sobre todo ás moléculas de carbono. O cometa 45P converteuse abondo brillante para ser ollado a simple vista cando chegou o máis preto do Sol en decembro. Porén, agora o cometa está a esmorecer mentres se dirixe de volta ata preto da órbita de Xúpiter, onde pasa a maior parte da súa vida. O núcleo de xeo suxo co tamaño dun quilómetro volverá ao sistema solar interior en 2022.