Encélado en cuarto crecente

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Explicación: Axexando desde as sombras, o hemisferio que mira a Saturno da abraiante lúa interior Enceladus posa nesta imaxe da sonda espacial Cassini. O norte está arriba nesta escena espectacular capturada o pasado novembro mentres a cámara da Cassini apuntaba case á dirección do Sol, a uns 130.000 quilómetros desde o brillante crecente da lúa. De feito, o mundo afastado reflicte aproximadamente o 90 por cento da luz solar que recibe, dándolle á súa superficie a mesma reflectividade cá neve fresca. Con só 500 quilómetros de diámetro, Enceladus é unha lúa sorprendentemente activa. Os datos recompilados durante os sobrevoos da Cassini e anos de imaxes desvelaron a presenza no polo sur de géyseres importantes e un posible océano global de auga líquida por baixo dunha codia conxelada.