A nebulosa Bolboreta desde o Hubble

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, HLA; Reprocesado e copyright: Jesús M.Vargas e Maritxu Poyal
Explicación: os cúmulos e nebulosas brillantes do ceo nocturno da Terra a miúdo son nomeados coma flores ou insectos. Aínda que a súa envergadura cobre uns 3 anos luz, NGC 6302 non é unha excepción. A estrela central morta desta nebulosa planetaria particular, cunha temperatura superficial estimada duns 250.000 graos C, converteuse en extraordinariamente quente, brillando intensamente na luz ultravioleta pero agochada da visión directa por un toro de po denso. Este primeiro plano definido da nebulosa da estrela morta foi gravada polo Telescopio Espacial Hubble e preséntase aquí en cores reprocesadas. O toro de po que arrodea a estrela central, atravesando unha cavidade brillante de gas ionizado, está preto do centro desta imaxe, case de canto á nosa liña de visión. O hidróxeno molecular foi detectado no casulo cósmico poeirento da estrela quente. NGC 6302 está a uns 4.000 anos luz de distancia na constelación, de correcta aracnoloxía, Escorpión (Scorpius).