NGC 6357: a nebulosa Lumbrigante

 Créditos da imaxe: ESO, VLT Survey Telescope
Explicación: por que está a nebulosa do Lumbrigante a formar algunhas das estrelas máis masivas que se coñecen? Ninguén está certo. A nebulosa do Lumbrigante na parte inferior esquerda e catalogada coma NGC 6357, preto da máis obvia nebulosa Gadoupa de Gato na parte superior dereita, alberga o cúmulo estelar aberto Pismis 24, fogar de estas estrelas azuis enormemente brillantes. O brillo vermello global preto da rexión de formación estelar interior provén da emisión de gas hidróxeno ionizado. A nebulosa que as rodea, aquí publicada, mantén un rica complexidade de gas, po escuro, estrelas recén nadas e aínda formándose. Os deseños intrincados son provocados polas complexas interaccións entre os ventos interestelares, a presión de radiación, os campos magnéticos maila gravidade. A versión ampliable completa desta imaxe contén uns dous mil millóns de píxeles, facéndoa unha das meirandes imaxes do espazo publicadas ata o de agora. NGC 6357 abarca uns 400 anos luz e atópase a uns 8000 anos luz de distancia cara á constelación do Escorpión.