Cráter Odiseo en Thetys

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Explicación: algunhas lúan non sobrevirían á colisión. Tetis, unha das lúas máis grandes de Saturno cuns 1.000 quilómetros de diámetro, sobreviviu á colisión, pero hoxe aínda amosa como resultado o gran cráter de impacto Odiseo. Chamado ás veces a Gran Badía, Odiseo atópase no hemisferio dianteiro de Tethys e mostra a súa gran idade pola cantidade relativa de cráteres máis pequenos que hai no interior das súas paredes moi altas. A densidade de Tetis é semellante á auga conxelada. A imaxe publicada captouse en novembro pola nave espacial automática Cassini en órbita mentres sobrevoaba a bola xigante de xeo. A Cassini acaba de comezar a súa Xira de Gran Final que a levará ao interior dos aneis de Saturno e culminará en setembro cun mergullo na grosa atmosfera de Saturno.