NGC 1316: despois de que colisiones as galaxias

Créditos da imaxe e copyright: Steve Mazlin, Warren Keller e Steve Menaker (SSRO / UNC / PROMPT / CTIO)
Explicación: a enorme galaxia elíptica NGC 1316, un exemplo de violencia nunha escala cósmica, atópase a uns 75 millóns de anos luz de distancia cara Fornax, a constelación meridional do Forno. Os astrónomos sospeitan, ao investigar a abraiante imaxe, que a galaxia xigante colisionou coa veciña máis pequena NGC 1317 ollada xusto por riba, producindo enormes bucles e cunchas de estrelas. A luz do seu encontro achegado tería acadado á Terra hai uns 100 millóns de anos. Na fonda e definida imaxe, as rexións centrais de NGC 1316 e NGC 1317 aparecen afastadas por uns 100.000 anos luz. Poden ollarse complexos corredores de po no interior que tamén indican que a propia NGC 1316 é o resultado dunha fusión de galaxias no pasado distante. NGC 1316, que se atopa nos arrabaldes do cúmulo de galaxias Fornax, é coñecida coma Fornax A. É unha das galaxias do cúmulo visualmente máis brillante e unha das que ten fontes de radio máis grandes e potentes con emisión de radio que se estende ben máis alá deste campo de visión telescópico, varios grados polo ceo.