Catro planetas orbitando a estrela HR 8799

Créditos do vídeo e CC BY Licenza: J. Wang (UC Berkeley) e C. Marois (Herzberg Astrophysics), NExSS (NASA), Keck Obs.
Explicación: hai vida fóra do noso Sistema Solar? Para axudar na busca, a NASA creou o Nexus for Exoplanet System Science (NExSS ou Nexo para a Ciencia dos Sistemas Exoplanetarios) para localizar e estudar mellor os sistemas estelares que teñen posibilidades de aloxar vida. Un novo resultado observacional da colaboración NExSS é o vídeo secuencia publicado cos planetas descubertos recentemente que orbitan a estrela HR 8799. As imaxes para o vídeo tiráronse durante sete anos desde o observatorio Keck en Hawaii. Os catro exoplanetas aparecen coma puntos brancos que xiran parcialmente á súa estrela, acertadamente agochada no centro. A estrela central HR 8799 é lixeiramente máis grande e máis masiva có noso Sol, mentres que cada un dos planetas pénsase que son unhas poucas veces máis masivos ca Xúpiter. O sistema HR 8799 atópase a uns 130 anos luz de distancia cara a constelación do Cabalo Voador (Pegasus). Agora continuará a investigación sobre se nalgún dos planetas coñecidos ou por coñecer, ou incluso nas lúas deses planetas, do sistema estelar HR 8799 podería albergar vida.

Ciencia abertanavega por máis de 1.400+ códigos da Astrophysics Source Code Library