Aurora vermella sobre Australia

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.
Créditos da imaxe: Alex Cherney (Terrastro, TWAN)
Explicación: por que o ceo brilla en vermello? Aurora. Unha tormenta solar de 2012, que emanaba desde a rexión activa de manchas solares 1402, fixo chover partículas sobre a Terra que excitaron os atomos de osíxeno no máis alto da atmosfera da Terra. Cando os electróns dos elementos excitados caeron de novo ao seu estado fundamental, emitiron un brillo vermello. Se foran excitados os átomos de osíxeno da parte baixa da atmosfera da Terra, o brillo seria sobre todo verde. Na fotografía, esta alta aurora vermella podía ollarse xusto por riba do horizonte a semana pasada preto de Flinders (Victoria, Australia). Porén, esa noite o ceo tamén brillaba con obxectos máis familiares pero máis afastados, incluíndo o disco central da nosa galaxia Vía Láctea á esquerda e as galaxias veciñas das Nubes de Magallanes Grande e Pequena. Un vídeo secuencia que salienta as auroras visibles esa noite coloca á pintoresca escena en contexto. O porqué o ceo non brilla tamén verde segue a descoñecerse.