N159 dentro da Gran Nube de Magallanes


Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Space Telescope

Explicación: cuns 150 anos luz de diámetro, este bulebule cósmico de gas e po non se atopa demasiado lonxe. Está ao sur da nebulosa Tarántula na nosa galaxia satélite a Gran Nube de Magallanes a só 180.000 anos luz de distancia. No seu interior formáronse estrelas masivas. A súa potente radiación mailos potentes ventos estelares esculpen o gas e po e alimentan o brillo desta rexión HII, que entrou no catálogo Henize de estrelas e nebulosas de emisión das Nubes de Magallanes coma N159. A nebulosa con forma de bolboreta, brillante e compacta, que está por riba e á esquerda do centro probablemente conteña estrelas masivas nunha etapa de formación moi temperá. A masa compacta de gas ionizado, resolta por primeira vez en imaxes do Hubble, veu a coñecerse coma a nebulosa Papillón.