Venus ao través de pingas de auga

VenusBubbleJohnBell1024Créditos da imaxe e copyright: John Bell
Explicación: Venus, agora a “estrela” brillante nos ceos vespertinos do planeta Terra, captouse nesta creativa astrofotografía. Tirada cunha lente de “enfoque achegado” o 18 de xaneiro desde Milton Keynes (RU), amosa varias imaxes do ceo por riba do horizonte occidental xusto despois do solpor. As imaxes foron creadas por pingas de auga sobre un vidro apoiado nunha árbore. A tensión superficial converte as pingas de auga en formas ssmellantes a lentes simples. Coa refracción da luz, as pingas crean imaxes invertidas, polo que escena rotouse para permitir unha visión máis cómoda ao dereito dunha paisaxe celeste macro-múltiple.