GOES-16: a Lúa sobre o planeta Terra

ab_moon_from_geo_orbit_med_res_jan_15_2017_1024Créditos da imaxe: NOAA, NASA
Explicación: lanzado o pasado 19 de novembro desde a Estación da Forza Aérea de Cabo Canaveral, o satélite coñecido agora coma GOES-16 xa olla ao planeta Terra desde unha órbita xeoestacionaria a 36.000 quilómetros por riba do ecuador. A súa cámara Advanced Baseline Imager (Cámara de Liña Base Avanzada) captou esta imaxe contrastada da Terra e unha Lúa xibosa o 15 de xaneiro. Aínda que a Lúa, inhóspita e sen aire, non é realmente o foco do GOES-16. Os instrumentos da nova xeración de satélites, capaces de fornecer unha imaxe de alta resolución da Terra cada 15 minutos en 16 canles espectrais, está dirixida a prover os sistemas de meteoroloxía dinámica da Terra con imaxes máis definidas e polo miúdo, permitindo previsións do tempo máis precisas. Coma satélites meteorolóxicos GOES previos, o GOES-16 empregará a lúa sobre o noso fermoso planeta coma un obxecto de calibración.