M78 e reflexos do po de Orión

M78_Tiziano_960Créditos da imaxe e copyright: Marco Burali, Tiziano Capecchi, Marco Mancini (observatorio MTM, Italia)
Explicación: no enorme complexo da Nube Molecular de Orión, varias nebulosas brillantes e azuis son particularmente aparentes. Nesta fotografía hai dúas das máis destacadas nebulosas de reflexión; nubes de po alumeado pola luz reflectida das brillantes estrelas incrustadas. A nebulosa máis famosa é M78, no centro da imaxe, catalogada hai uns 200 anos. Á súa esquerda está a menos coñecida NGC 2071. Os astrónomos continúan a estudar estas nebulosas de reflexión para comprender mellor como se forman as estrelas no interior. O complexo de Orión está a uns 1.500 anos luz de distancia, contén as nebulosas Orión e Cabeza de Cabalo e cobre gran parte da constelación de Orión.