Créditos da imaxe e copyright: Jeff Dai (TWAN)Explicación: se atopas Orión poderías ser quen de atopar o hexágono de inverno. Este inclúe algunhas das
estrelas máis brillantes visibles, formando xuntas un
deseño grande e doado de atopar no
ceo invernal no
hemisferio setentrional da
Terra. As
estrelas involucradas poden identificarse normalmente incluso nos
ceos nocturnos brillantes dunha
gran cidade, aínda que aquí aparecían recentemente nos ceos escuros por riba da
reserva Manla do
Tíbet (
China). As seis estrelas que compoñen o
hexágono de inverno son
Aldebarán,
Capella,
Cástor (e
Pólux),
Procyon,
Rigel e
Sirius. Aquí, a
franxa da nosa galaxia Vía Láctea transcorre polo centro do
hexágono de inverno, mentres o
cúmulo estelar aberto das
Pléiades pode ollarse xusto por riba. O
asterismo do hexágono de inverno abrangue varias
constelacións incluíndo gran parte do
icónico chanzo de
Orión.