Torta en capas de solpor

pinky_sun_beletskyCréditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas Observatory, TWAN)
Explicación: o 18 de xaneiro capturouse un solpor sedutor nesta instantánea. O Sol, Partido aparentemente en moitas capas horizontais, escintilaba un pouco antes de tocar o horizonte, poñéndose sobre o océano Pacífico tal e como se olla desde o cumio do Observatorio Las Campanas en Chile. As cores rosadas da luz solar filtrada foron creadas pola longa liña de visión que atravesa a atmosfera de brétemas. Pero as capas que destacan correspóndense coas capas da baixa atmosfera con temperaturas e densidades que cambian de súpeto tamén ao longo da liña de visión. Durante un camiño longo por cada capa os raios de luz solar son fortemente refractados e crean imaxes diferentes ou ilusións de seccións do Sol poñéndose.

Charla: APOD da NASA 2016, un ano de astronomía en galego. Sábado 21 de xaneiro de 2017 en Ourense, no Ateneo (Av. Habana, 25), ás 20:00 horas. Muncyt da Coruña, xoves 16 de febreiro ás 19:30.