A materia do Cúmulo Bala

bulletcluster_comp_960Créditos da imaxe: raios X: NASA/CXC/CfA/ M. Markevitch et al.;
Mapa de lentes: NASA/STScI; ESO WFI; Magellan/U.Arizona/ D.Clowe et al. Visual: NASA/STScI; Magellan/U.Arizona/D.Clowe et al.

Explicación: cal é o problema co Cúmulo Bala? Este masivo cúmulo de galaxias (1E 0657-558) xera distorsións de lente gravitacional nas galaxias do fondo dun xeito que se ten interpretado coma unha forte evidencia da teoría principal: que a materia escura existe nela. Porén, varias análises recentes indican que unha alternativa menos popular (a modificación da gravidade) podería explicar a dinámica do cúmulo sen a materia escura e provelo dun escenario de xénese máis probable, tamén. Neste momento, as dúas hipóteses científicas compiten para explicar as observacións: a materia invisible contra a gravidade arranxada. O duelo é tan emocionante que se os exemplos da Bala esclarecen que se trata de materia escura romperían coa simplicidade das teorías de gravidade modificada. Para o futuro próximo, a loita sobre o Cúmulo Bala posiblemente continuará ata que se completen novas observacións, simulacións computacionais e análises. A imaxe destacada é unha composición do Hubble/Chandra/Magellan co vermello representando os raios X emitidos por gas a altas temperaturas e, o azul, a distribución suxerida de matería escura.