Mimas, cráter e montaña

PIA20515MimasMountain1020Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Explicación: Mimas é unha lúa xeada de Saturno, picada de cráteres, con tan só 400 quilómetros de diámetro. O cráter Herschel, o meirande, ten case 140 quilómetros de diámetro. Máis ou menos o terzo do diámetro da propia Mimas, O cráter Herschel dálle á pequena lúa unha presenza ominosa, especialmente para os fans da ciencia ficción da famosa Guerra das Galaxias, polo cruceiro de batalla Estrela da Morte. De feito, un impacto só lixeiramente máis grande do que creou o cráter sobre unha lúa pequena podería ter destruído a Mimas por completo. Nesta fotografía da Cassini de outubro de 2016, o hemisferio oposto a Saturno da lúa en rotación síncrona está bañado pola luz solar, co seu cráter máis grande preto do limbo dereito. O picouto central de Herschel, que proxecta unha sombra longa sobre o solo do cráter, ten case a altura do monte Everest do planeta Terra.