As sentinelas dun ceo setentrional

snowtreesaurora_destribats_1080Créditos da imaxe e copyright: Pierre Destribats
Explicación: quen garda o norte? A fotografía publicada tirouse o marzo pasado na Laponia finlandesa onte a meteoroloxía pode incluír temperaturas por baixo da conxelación e neve a esgalla. As veces aparecen paisaxes surrealistas, nos que sentinelas brancas de aparencia extraterrestre semellan patrullar a paisaxe. Aínda que, en realidade, os extraterrestres son árbores cubertas de neve e a casoupa vermella que parece gardalas é unha casa auxiliar. Afastado na distancia, por tras desta vista terrestre, tan rara, hai un fermoso ceo nocturno que inclúe unha aurora verde, estrelas brillantes e ronseis de satélites en órbita. Por suposto, na primavera as árbores desconxelan e Laponia ten un aspecto moi diferente.