Galaxias peculiares de Arp 273

ugc1810_lrgb_2heutz1024cCréditos da imaxe e copyright: Wolfgang Ries/Stefan Heutz (Astrokooperation)
Explicación: as estrelas con puntas do primeiro plano deste definido retrato cósmico están ben dentro da nosa propia galaxia Vía Láctea. As dúas rechamantes galaxias atópanse moi afastadas da Vía Láctea, a unha distancia duns 300 millóns de anos luz. A súa aparencia retorta débese ás mareas gravitatorias mentres a parella se envolve en encontros achegados. As galaxias, catalogadas coma Arp 273 (tamén coma UGC 1810), semellan peculiares, pero agora sábese que as galaxias en interacción son comúns no universo. De feito, sabemos que a gran espiral veciña galaxia Andrómeda está a uns 2 millóns de anos luz de distancia e achegándose á Vía Lácte. Arp 273 pode ofertar algo parecido no seu encontro no futuro afastado. Os repetidos encontros galácticos nunha escala temporal cósmica poden resultar ao final nunha fusión nunha soa galaxia de estrelas. Desde a nosa perspectiva, os núcleos brillantes das galaxias Arp 273 están afastados só un pouco a uns 100.000 anos luz.