Primeiro plano de Pandora en Saturno

pandora_cassini_960Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute
Explicación: a que se parecen tan de preto os cráteres da pequena lúa Pandora de Saturno? Para axudar a averigualo, a NASA enviou á nave espacial automática Cassini, agora en órbita de Saturno, de paso pola estraña lúa hai dúas semanas. A imaxe de maior resolución de Pandora nunca antes tirada capturouse a uns 40.000 quilómetros e publícase aquí. Pódense albiscar estruturas tan pequenas coma de 300 metros sobre o ancho de 80 quilómetros de Pandora. Os cráteres de Pandora semellan estar cubertos por algún tipo de material, o que lle proporciona unha aparencia máis suave có aspecto de esponxa de Hyperion, outra lúa pequena de Saturno. Tamén aparecen marcas e cristas curiosas cruzando a superficie da pequena lúa. Pandora é interesante en parte porque, xunto coa súa compañeira a lúa Prometheus, axuda a pastorear as partículas do anel F de Saturno facéndoo un anel diferente.