A cara afastada da Lúa

farside_lro800Créditos da imaxe: NASA / GSFC / Arizona State Univ. / Lunar Reconnaissance Orbiter
Explicación: a Lúa, ligada gravitacionalmente en rotación síncrona, sempre amosa a súa familiar cara achegada aos cidadáns do planeta Terra. Aínda que desde a órbita lunar, a cara afastada da Lúa resulta familiar. De deito, esta imaxe definida, un mosaico da cámara gran angular do Lunar Reconnaissance Orbiter, está centrada na cara afastada lunar. Parte dun mosaico global dunhas 15.000 fotografías tiradas entre novembro de 2009 e febreiro de 2011, a versión coa resolución máis alta amosa características a unha escala de 100 metros por píxel. Abraiantemente, a superficie irregular e maltrata da cara afastada semella moi diferente da que ten a cara achegada, cuberta cos escuros e suaves maria lunares. A explicación probable é que a codia da cara afastada é máis grosa, facendo máis complicado para o material fundido do interior fluír á superficie e formar os maria lisos.