Xogo de cunchas na LMC

lmcapodgleason960Créditos da imaxe e copyright: John Gleason
Explicación: a Gran Nube de Magallanes (LMC), unha vista atraente dos ceos meridionais, óllase aquí median filtros de banda estreita. Os filtros están deseñados para transmitir só a luz emitida polos átomos ionizados de xofre, hidróxeno e osíxeno. Os átomos, ionizados pola potente luz estelar, emiten a súa luz característica cando os electróns son recapturados e os átomos realizan a transición a un estado de menor enerxía. Coma resultado, esta imaxe en falsa cor de LMC semella cuberta de nubes con forma de cunchas de gas ionizado que arrodea a estrelas novas e masivas. As nubes brillantes, esculpidas polos fortes ventos estelares e a radiación ultravioleta, están dominadas pola emisión do hidróxeno e son coñecidas coma rexións H II (hidróxeno ionizado). A propia nebulosa Tarántula, composta tamén por cunchas que se solapan, é a gran rexión de formación estelar por riba do centro. A LMC, satélite na nosa galaxia Vía Láctea, ten uns 15.000 anos luz de tamaño e atópase a só 180.000 anos luz de distancia na constelación Dorado.