M31: a galaxia Andrómeda

m31_antonis_960Créditos da imaxe e copyright: Farmakopoulos Antonis
Explicación: cal é a maior galaxia máis achegada á nosa propia Vía Láctea? Andrómeda. De feito, pénsase que a nosa galaxia se parece moito a Andrómeda. Xuntas, estas dúas galaxias dominan o Grupo Local de galaxias. A luz difusa de Andrómeda está provocada polos centos de milleiros de millóns de estrelas que a compoñen. As estrelas diferentes que arrodean a imaxe de Andrómeda son realmente estrelas da nosa galaxia que están ben en fronte do obxecto do fondo. Andrómeda é nomeada frecuentemente coma M31 xa que é o elemento 31º da lista de obxectos difusos do ceo de Messier. M31 está tan afastada que a luz tarda uns dous millóns de anos en chegar a nós desde alí. Aínda que visible sen axuda, a imaxe publicada de M31 é un mosaico dixital de varios fotogramas tomados cun telescopio pequeno. Aínda se descoñece moito sobre M31, incluíndo cantos milleiros de millóns de anos faltan exactamente ata que colisione coa nosa galaxia fogar.