NGC 6357: un país das marabillas estelar

ngc6357_nasa_960  Créditos da imaxe: raios X: NASA/CXC/PSU/L. Townsley et al; Visual: UKIRT; Infravermello: NASA/JPL-Caltech
Explicación: por razóns descoñecidas, NGC 6357 está a formar algunhas das estrelas máis masivas nunca antes descubertas. Este complexo país das marabillas de formación estelar consiste en numerosos filamentos de po e gas arrodeando enormes cavidades de cúmulos de estrelas masivas. Os patróns intrincados están provocados polas interaccións complexas entre os ventos interestelares, presións de radiación, campos magnéticos maila gravidade. A imaxe publicada inclúe no só a luz visible tomada polo telescopio UKIRT en Hawaii (azul) coma parte do SuperCosmos Sky Surveys (Exploración do Ceo SuperCosmos), a luz infravermella do telescopio espacial Spitzer en órbita da NASA (laranxa) e luz de raios X do observatorio de raios X Chandra en órbita da NASA (rosa). NGC 6357 abarca uns 100 anos luz e atópase a uns 5.500 anos luz de distancia cara a constelación do Escorpión. En 10 millóns de anos, as estrelas máis masivas que se ollan actualmente en NGC 6357 xa terán explosonado.