A magnífica nebulosa Cabeza de Cabalo

ic434_mtm_960Créditos da imaxe: Marco Burali, Tiziano Capecchi, Marco Mancini (Osservatorio MTM)

Explicación: Esculpida polo vento estelar e a radiación, unha magnífica nube de pó interestelar asumiu arbitrariamente esta recoñecible forma. Chamada axeitadamente a Nebulosa da Cabeza do Cabalo, está a uns 1.500 anos luz de distancia, inmersa no gran complexo de Orión. Cunha “altura” duns cinco anos luz, a escura nube está catalogada coma Barnard 33 e é visible soamente porque o seu escuro gas describe a súa silueta sobre a brillante nebulosa vermella de emisión IC 434. Hai estrelas formándose dentro da escura nube. En contraste, a nebulosa azul de reflexión NGC 2023, rodeando unha quente estrela nova, atópase abaixo á esquerda. A espléndida imaxe a cor combina tanto imaxes de banda estreita coma de banda ancha recollidas utilizando tres telescopios distintos.