Pelica de raposo, unicornio e árbore de Nadal

christmastreecluster2016walkermiller1024rotCréditos da imaxe e copyright: Michael Miller, Jimmy Walker
Explicación: as nubes de gas hidróxeno brillante enchen esta paisaxe celeste chea de cor na constelación tenue pero fantasiosa de Monoceros, o Unicornio. O barullo complexo de gas cósmico e po, unha rexión de formación estelar catalogada coma NGC 2264, está a uns 2.700 anos luz de distancia e mestura nebulosas de emisión avermellada excitadas pola potente luz procedente de estrelas recén nadas con escuras nubes de po interestelar. Onde as nubes de po, normalmente escurecedoras, se atopan preto das estrelas novas e quentes, entón tamén reflicten a luz estelar fomando nebulosas de reflexión azuis. A alta imaxe mosaico tomada con telescopio mide uns 3/4 graos ou case 1,5 lúas cheas, cubrindo 40 anos luz á distancia de NGC 2264. Proxecta personaxes cósmicas que inclúen á nebulosa Pelica de Raposo, coa poeirenta pel arrevesada situada xusto á esquerda do centro, a brillante estrela variable S Monocerotis imersa nun neboeiro tinguido de azul á dereita da Pelica do Raposo, maila nebulosa Cono mirando cara abaixo desde a parte superior do recadro. Por suposto, as estrelas de NGC 2264 tamén son coñecidas coma o cúmulo estelar Árbore de Nadal. A forma de árbore triangular perfilada polas estrelas ten o seu cumio na nebulosa Cono. A base máis ampla da árbore está centrada preto de S Monocerotis.