Érase unha vez unha véspera de solsticio

2016_12_20_towards_venus_lp_1024px Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek
Explicación: érase unha vez nunha véspera de solsticio un principiño fitaba desde un pequeno planeta conxelado no bordo dunha gran galaxia. Por suposto, o pequeno planeta era a Terra, ollada nesta proxeción de horizonte a horizonte e de nadir a cénit, un mosaico composto dixitalmente desde as costas da reserva Sec na república Checa. Polo que a gran galaxia debe ser a Vía Láctea, e a almenara máis brillante no horizonte do planeta Venus, que se olla desde todo o globo coma a estrela máis brillante pola tarde da estación. Os tesouros celestes nos escuros ceos en derredor inclúen ao cúmulo de estelar Pléiades e a nebulosa Norteamérica que se atopa ao longo dun poeirento cantil galáctico. Cinguindo a Venus, a luz zodiacal perfila unha banda feble atravesando a noite, pero os piares de luz máis coloridos brillan por riba das rúas un pouco máis preto do fogar.