Unha gloria de avión

planeglory_larson_960Créditos da imaxe e copyright: Shane Larson (Adler Planetarium, CIERA-Northwestern)
Explicación: olla ao exterior pola xanela dun avión, poida que sexas abondo afortunado para ollar “a gloria” na dirección oposta directamente ao Sol. Antes dos avións, o fenómeno, coñecido por algúns coma o heiligenschein ou o espectro de Brocken, ollábase ás veces nos cumios das montañas. Alí, cando as condicións eran as correctas, un poderia ollar ao revés do Sol e mirar o que semellaba ser a sombra dun xigante arrodeada por un halo brillante. O xigante viña a ser o observador, que como a silueta dun avión na versión moderna, a miúdo ocupa o centro da gloria. Esta gloria brillante foi fotografada hai dúas semanas sobre Michigan desde un avión achegándose ao aeroporto internacional O’Hare. A explicación da gloria aínda se está a investigar e resulta relativamente complexa. Seguramente, as pingas pequenas de auga dalgún xeito reflicten, refractan e difractan a luz solar cara atrás desde o Sol. O fenómeno ten o equivalente semellante noutras pólas da ciencia incluíndo a astronomía, onde ao ollar ao exterior desde a Terra na dirección oposta ao Sol leva a unha mancha brillante chamada o gegenschein.