As pegadas do Sol


Créditos do vídeo e copyright: György Bajmóczy

Explicación: este ano o solsticio de decembro é hoxe, día 21, ás 10:44 TU, o primeiro día do inverno ao norte e do verán ao sur. Para celebralo, olla este vídeo secuencia espectacular co rastro do movemento aparente do Sol durante un ano completo desde Hungría. Durante o ano, unha cámara de vídeo fixa capturou unha imaxe cada minuto. En total, 116.000 exposicións seguen a posición do Sol ao través do campo de visión, comezando desde o solsticio do 21 de xuño de 2015 deica o solsticio do 20 de xuño de 2016. O solsticio do medio do 22 de decembro de  2015 está ao fondo do recadro. As secuencias do vídeo construídas amosan o movemento do Sol durante os días dun ano, de solsticio a solsticio. Os ocos nas curvas diarias débense ás nubes. O vídeo remata coas secuencias espectaculares de animación de analemmas, esas curvas con forma de 8 que se conseguen fotografando ao Sol no mesmo momento cada día durante un ano, camiñando polo ceo do planeta Terra.