Os meteoros contra a súperlúa

2016geminidmeteorswithfullmoonv1wanglt1024Créditos da imaxe e copyright: Wang, Letian
Explicación: os meteoros das xemínidas loitaron contra o luar da superlúa nos ceos nocturnos do planeta Terra o 14 de decembro. Viaxando a 35 quilómetros por segundo, os anaquiños de po procedentes do misterioso asteroide 3200 Phaethon que producen as marcas de meteoros son máis rápidos ca unha bala. Con todo, só se puideron ollar os máis brillantes durante a longa noite da última Lúa Chea de perixeo. do ano 2016. Uns poucos meteoros co radiante en Gemini, captados durante varias horas, poden detectarse ao través desta paisaxe nocturna composta. Coas estrelas de Orión preto do horizonte, o disco lunar sobre-exposto alumea incluso as quedas augas da reserva de Miyun ao norleste de Beijing, China.