A nebulosa Lagoa en alta definición

m8_colombari_960Créditos da imaxe e copyright: Datos – ESO/INAF/R. Colombari/E. Recurt; ensamblaxe e procesado: R. Colombari
Explicación: as estrelas están a loitar co gas e o po da nebulosa da Lagoa pero os fotógrafos están a gañar. Esta fotoxénica nebulosa, tamén coñecida coma M8, pode ollarse incluso sen prismáticos cara a constelación de Sagittarius. Os procesos potentes de formación estelar crean non só cores senón o caos. O gas brillante en vermello procede da luz estelar de elevada enerxía que bate no gas hidrógeno interestelar. Os filamentos de po escuro que amalloan M8 foron creados nas atmosferas de estrelas xigantes frías e nos refugallos das explosións de supernovas. A luz procedente de M8 que ollamos hoxe saíu hai uns 5.000 anos. Á luz lévalle uns 50 anos cruzar esta sección de M8.