O turbulento polo norte de Saturno

northsaturn_cassini_960Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Explicación: o Grande Final da nave espacial Cassini en Saturno chegou. O Gran Final permitirá á Cassini explorar Saturno e algunha das súas lúas e aneis cun detalle sen precedentes. A primeira fase comezou hai dúas semanas cando un sobrevoo achegado a Titán trocou a órbita da Cassini nunha que pase preto dos polos de Saturno e xusto por fóra do máis externo anel F do planeta. Publícase aquí unha imaxe tirada durante a primeira pasada da Cassini nas súas 20 órbitas ao anel F de Saturno durante unha semana. Pode ollarse o vórtice polar central na parte superior esquerda, unha nube de bordos hexagonais no medio da imaxe, e varios sistemas treboentos en cores claras. En abril de 2017, a Cassini usará de novo a gravidade de Titán para comezar unha serie nova de 22 órbitas proximais;  traxectorias que levarán á Cassini ao interior dos aneis de Saturno por primeira vez. Pero a nova aventura científica da Cassini está programado que remate o 17 de setembro de 2017, cando a nave espacial automática será dirixida a un emocionante final de misión mergullándose dentro da atmosfera de Saturno.

Descarga de balde: calendario APOD 2017: imaxes da NASA