A extraordinaria espiral de LL Pegasi

llpegspiral_hubble_960Créditos da imaxe: ESA, Hubble, R. Sahai (JPL), NASA
Explicación: que creou a estraña estrutura espiral da esquerda? Ninguén está seguro, aínda que probablemente estea relacionada cunha estrala dun sistema estelar binario entrando na fase de nebulosa planetaria, cando a súa atmosfera máis externa é expulsada. A enorme espiral, que abarca máis ou menos un terzo dun ano luz de diámetro e ten catro ou cinco xiros serpeantes completos, ten unha regularidade sen precedente. Dada a velocidade de expansión dun gas en espiral, un capa nova debe aparecer unha vez cada 800 anos, o que encaixa moi ben co tempo que lle leva ás dúas estrelas orbitarse mutuamente. O sistema estelar que a creou coñécese comúnmente coma LL Pegasi, pero tamén AFGL 3068. A propia estrutura estraña ten sido catalogada coma IRAS 23166+1655. A imaxe publicada foi tirada en luz do infravermello achegado polo Telescopio Espacial Hubble. Por que a espiral brilla é un misterio por si mesmo, cunha hipótese destacada na que se debería a luz reflectida das estrelas achegadas.