Nace un sistema estelar triplo

nrao16cb18c_nraoTobin1024cCréditos da imaxe: Bill Saxton, ALMA (ESO/NAOJ/NRAO), NRAO/AUI/NSF – Publicación: John Tobin (Univ. Oklahoma/Leiden) et al.

Explicación: estase a formar un sistema estelar triplo envolto dentro deste disco natal de pó de arredor de 750 anos luz na nube molecular de Perseo. A imaxe foi tomada a lonxitudes de onda milimétricas polo Atacama Large Millimeter/submillimeter Array (ALMA) en Chile. O extremo primeiro plano mostra dúas protoestrelas separadas escasamente 61 UA (1 UA é a distancia media Terra-Sol) cunha terceira a 183 UA da protoestrela central. A imaxe de ALMA tamén revela unha evidente estrutura espiral indicadora de que a inestabilidade e a fragmentación deron lugar aos múltiples obxectos protoestelares dentro do disco. Os astrónomos estiman que o sistema, catalogado como L1448 IRS3B, ten menos de 150.000 anos. Captado nunha fase temperá, o escenario de formación de estrelas probablemente non é raro de todo, tendo en conta que case a metade de estrelas similares ao sol teñen, ao menos, unha compañeira.