A Trífida infravermella

1.2 "/pixel, 22.7x35.5 arcmin North is 2¡ CCW from up RA = 18h02m25.61s Dec = -23d01m26.9s
Créditos da imaxe: J. Rho (SSC/Caltech), JPL-Caltech, NASA
Explicación: a nebulosa Trífida, tamén coñecida coma Messier 20, é sinxela de atopar cun telescopio pequeno, unha parada ben coñecida na constelación, rica en nebulosas, de Sagittarius. Pero onde as fotografías en luz visible amosan á nebulosa dividida en tres partes por corredores de po escuro, esta imaxe en penetrantes infravermellos desvela os filamentos de nubes de po brillante e estrelas recén nadas. A espectacular vista en cores falsas é cortesía do telescopio espacial Spitzer. Os astrónomos empregaron os datos das imaxes en infravermellos do Spitzer para contar as estrelas recén nadas e embriónicas que doutro xeito poden ficar agochadas no po natal e as nubes de gas desta intrigante gardería estelar. Tal e como se olla aquí, a Trífida ten uns 30 anos luz de diámetro e atópase a só 5.500 anos luz de distancia.