W5: a alma da formación estelar

soul_priego_960Créditos da imaxe: José Jiménez Priego (Astromet)
Explicación: onde se forman as estrelas? A miúdo, as estrelas fórmanse en rexións enerxéticas nas que o gas e o po escuro son empurrados a un barullo caótico. Na fotografía, as estrelas brillantes e masivas preto do centro de W5, a nebulosa Alma, están a estoupar e emitir radiación ionizante e ventos potentes. O gas maila luz que saen cara o exterior empurrar e evaporan gran parte do gas e po do contorno, pero deixan piares de gas por tras densos nós protectores. Aínda que dentro destes nós tamén se están a formar estrelas. A imaxe publicada salienta o santuario interior de W5, unha área que abarca uns 1.000 anos luz que é rico en piares de formación estelar. A nebulosa Alma, tamén catalogada coma IC 1848, atópase a uns 6.500 anos luz de distancia cara a constelación da Raíña de Etiopía (Cassiopeia). Probablemente, nuns poucos centros de millóns de anos, só ficará un cúmulo de estrelas formadas. Entón, estas estrelas afastaranse.