Verona Rupes: o cantil máis alto do Sistema Solar

mirandascarp_vg2_960Créditos da imaxe: Voyager 2, NASA
Explicación: sobrevirías a un chouto desde o cantil máis alto do Sistema Solar? É bastante posible. Estímase que Verona Rupes, na lúa  Miranda de Urano, ten 20 quilómetros de fondo; dez veces a fondura do Gran Canón da Terra. Debido á baixa gravidade de Miranda, a un aventureiro na procura de emocións fortes levaríalle 12 minutos chegar ao fondo á velocidade dun coche de carreiras; a uns 200 quilómetros por hora. Aínda así, podería sobrevivir á caída coa protección con airbag axeitada. A imaxe publicada de Verona Rupes foi captada polo paso da nave espacial automática Voyager 2 en 1986. Aínda se descoñece como se creou o cantil xigante, pero posiblemente estea relacionado cun gran impacto ou o movemento tectónico superficial.