De leste a oeste, luz e sombra

 tafreshi_dsc8114psCréditos a imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)
Explicación: na mañá deste novembro un pequeno crecente lunar e a estrela matutina érguense xusto antes có Sol nunha ampla paisaxe celeste panorámica desde o Parque Nacional Amboseli de Kenia. Aínda se pode atopar de xeito doado a posición do Sol, no horizonte leste, por baixo das gallas dunha acacia. Está sinalado á esquerda pola sutil converxencia de luz e sombras no ceo do mencer. Os raios de luz solar de cores cálidas, coñecidos coma raios crepusculares, están perfilados polas sobras proxectadas por nubes que non se ollan preto do horizonte. Arqueándose por riba da silueta do monte Kilimanjaro, cara á dereita, os raios de luz e sombra converxen no horizonte occidental.  toward the right the rays of light and shadow converge at the western horizon. Aí coñécense coma raios anti-crepusculares, indican o punto oposto ao sol saínte. As sombras das nubes son case paralelas, pero converxen cara o horizonte afastado pola perspectiva.