Nova sobre Tailandia


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution versionavailable.
Créditos da imaxe e copyright: Jeff Dai (TWAN) Explicación: unha nova de Sagittarius é brillante abondo para ollala con prismáticos. O estourido estelar, detectado o mes pasado, chegou a aproximarse ao límite da visibilidade a simple vista a semana pasada. Unha nova clásica orixínase a partires dun estoupido termonuclear sobre a superficie dunha estrela enana branca, unha estrela densa co tamaño da nosa Terra pero a masa do noso Sol. Na imaxe publicada, a nova  foi captada a semana pasada por riba do vello Wat Mahathat en Sukhothai (Tailandia). Para ollar Nova Sagittarius 2016 por ti mesmo, só tes que saír tralo solpor e localizar preto do horizonte á constelación do Arqueiro (Sagittarius), identificada popularmente como unha teteira icónica. Tamén se pode ollar preto da nova o planeta Venus moi brillante. Pero non te retrases, porque non so á nova se está a apagar; tamén parte do ceo se está a poñer de seguido máis preto do solpor.