NGC 4414: unha galaxia espiral floculenta

ngc4414_hubble_960Créditos da imaxe: NASA, ESA, W. Freedman (U. Chicago) et al.,
mailo Hubble Heritage Team (AURA/STScI)
Explicación: canta masa agochan as espirais floculentas? A imaxe publicada en cores reais da galaxia espiral floculenta NGC 4414 tirouse co Telescopio Espacial Hubble para axudar a respostar esa pregunta. As espirais floculentas (galaxias sen brazos espirais ben definidos) son unha forma bastante común de galaxia, e NGC 4414 é unha das máis achegadas. As estrelas e o gas preto do bordo visible das galaxias espirais orbitan o centro tan rápido que debe haber unha gran cantidade de materia escura non observada para ficaren xuntas. A comprensión da distribución de materia e de materia escura en NGC 4414 axuda á humanidade a calibrar o resto das espirais floculentas e, por deducción, das galaxias en xeral. Ademais, o calibrado da distancia deica NGC 4414 axuda á humanidade a calibrar a escala de distancia cosmolóxica de todo o universo visible.