A Lúa chea no perixeo en Filadelfia

Copyright 2016 Jerry Lodriguss
Créditos da imaxe copyright: Jerry Lodriguss (Catching the Light)
Explicaciónunha superlúa ponse sobre a metrópole de Filadelfia nesta instantánea crepuscular do 14 de novembro ás 6:21 a.m. Tempo Estándar do Leste. Tengo en conta as horas da fase completa exacta da Lúa, ese intre correspóndese cun perixeo lunar ou o punto máis achegado da órbita elíptica da Lúa ao redor do noso fermoso planeta. Esta Lúa chea, lixeiramente máis grande e brillante no perixeo, aínda ten unha aparencia aplanada e distorsionada pola refracción das capas atmosféricas ao longo da liña de visión preto do horizonte. Tamén como o resto de lúas cheas, brilla nas cores mornas da luz solar. O  luar do perixeo, unido aos edificios do perfil urbano de Filadelfia, reflíctese nas augas do maxestoso río Schuylkill.