A Soyuz contra a superlúa

The Moon, or supermoon, is seen rising behind the Soyuz rocket at the Baikonur Cosmodrome launch pad in Kazakhstan, Monday, Nov. 14, 2016. NASA astronaut Peggy Whitson, Russian cosmonaut Oleg Novitskiy of Roscosmos, and ESA astronaut Thomas Pesquet will launch from the Baikonur Cosmodrome in Kazakhstan the morning of November 18 (Kazakh time.) All three will spend approximately six months on the orbital complex. A supermoon occurs when the moon’s orbit is closest (perigee) to Earth. Photo Credit: (NASA/Bill Ingalls)
Créditos da imaxe: NASA, Bill Ingalls
Explicación: máis veloz ca unha bala, máis potente ca unha locomotora e capaz de superar edificios altos dun só chimpo, este foguete Soyuz fica na plataforma de despegue no Cosmódromo de Baikonur en Kazakhstan o 14 de novembro. Máis alá érguese unha superlúa, pero a fama de fazañas espectaculares de velocidade, forza ou axilidada a razón de que a Lúa chea de novembro recibira o seu nome popular. O certo é que calquera Lúa chea que se erga preto do perixeo, o punto máis achegado á súa órbita elíptica ao redor da Terra, semella máis grande e brillante que outras lúas cheas máis afastadas e así nace unha superlúa. De feito, a superlúa de novembro foi a segunda de tres superlúas consecutivas de 2016. Foi tamén Lúa chea máis achegada e máis formidábel desde 1948. Namentres, o pacífico foguete Soyuz ten planificado levar á tripulación da Expedición 50/51 á Estación Espacial Internacional hoxe, 17 de novembro.